Boas gramófoners, nesta entrada falaremos da música en galego, que ao contrario do que poiades pensar non é só música tradicional. Hai moitos grupos que mesturan o noso idioma cos xéneros que máis lles gustan como Dakidarría, Sés ou Treixadura. Hoxe imos falar do grupo Ezetaerre.


                                       

Este é un grupo de "rap combativo" (como eles o chaman) formado por tres rapazes: o Garchu, o Pirola e o Petrowski, cuxa traxectoria comezou na Coruña no 2016. Actualmente a súa discografía está composta por un disco chamado Pólvora e Tormenta, que saiu en 2018, un maxi chamado 100 e varios singles ( herdanza do vento, Non é verán de Estrella Damm e Esmorga Inferno entre outros)


Centrémonos no novo disco:



Neste traballo fan colaboracións con outros grupos e cantantes como poden ser La Pegatina, ZOO, High Paw, Gienestá, Akelarre e Dj Plan.

Pólvora e Tormenta (Letras para Woody Mellor)
  1. Intro
  2. Letras para Woody Mellor
  3. Pólvora e tormenta 
  4. Fulanito e menganito
  5. Matar a McCarthy 
  6. No passaran 
  7. Pan cotiá 
  8. As uvas da ira
  9. Vento negro
  10. Tremendo combo 
  11. Ouvean os lobos 
Este é o seu canle de Youtube onde podedes atopar todas as súas cancións e esta a súa páxina web.

Ata outra artemaníacos, verémonos falando de máis música na próxima entrada.
Neste último disco establecen un paralelismo entre a actualidade e os Estados Unidos dos anos 30, asolados pola crise e polo Dust Bowl. Nel tamén fan unha homenaxe á voz dos cantautores antifascistas, que transmitiron a rabia e a loita dun pobo sumido na fame e na miseria. Este útimo tema é recurrente na súa discografía.




Ata o momento as cancións máis populares por visitas en youtube son:

Matar a McCarthy con 63 mil visitas:



E a canción que lle da nome ao disco con 30 mil visitas:



Comentarios

  1. Que interesante esta entrada sobre música en galego, sigue así "abuela".
    Uns saúdo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións Populares